Saturday 18 de May de 2024

Arrancan os cursos de poda no concello de Ordes


O Concello de Ordes vén de iniciar as súas clases de poda. En total son preto de trinta os alumnos e alumnas que ata o mes de febreiro participarán tanto de sesións teóricas como prácticas. Nesta ocasión prestaráselle especial atención ao traballo realizado con árbores e especies frutais, así como á realización de inxertos e esgallos. A día de hoxe as persoas interesadas están aínda a tempo de inscribirse, sobre todo tendo en conta que as clases lévanse a cabo nun horario compatible coas xornadas laborais máis habituais.